Lula abre a porta a unhas novas eleccións en Venezuela ou a un Goberno de coalición chavismo-oposición

México reclama non inxerir no proceso.
O presidente brasileiro, Lula da Silva, a finais de xullo. (Foto: Erica Martin / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente brasileiro, Lula da Silva, a finais de xullo. (Foto: Erica Martin / Europa Press / Contacto)

O presidente de Venezuela, o progresista Nicolás Maduro, aínda ten “seis meses de mandato” e “se ten sentido común incluso podería convocar unhas novas eleccións” cun “comité electoral con membros da oposición e observadores do mundo enteiro”, indicou a quinta feira Lula da Silva, líder do Brasil, quen suxeriu tamén instaurar un Goberno que integre o chavismo e a oposición.

Asemade, o presidente colombiano Gustavo Petro sumouse á demanda de "novas eleccións libres" após a fin das sancións occidentais a Venezuela e a constitución dun Executivo de cohabitación transitorio.

Canda o Brasil, Colombia e México -os tres con Executivos de esquerda- tamén reclamaron a publicación dos resultados disgregados das presidenciais.

Así e todo, namentres os dous primeiros optan por unha mediación, o presidente mexicano, Andrés Manuel López Obrador, instou a agardar a decisión do Tribunal Supremo venezolano, debullando que “non creo que sexa prudente” que “un Goberno estranxeiro, sexa quen sexa, opinemos sobre algo que corresponde resolver aos venezolanos”.

Comentarios