O BNG homenaxea na Coruña o asasinado Pedro Galán malia as trabas municipais

Homenaxe a Pedro Galán.

A policía local impediu a confección dun mural en Monte Alto en honra do que foi dirixente das Mocidades Galeguistas, masacrado do 36 polas balas do franquismo, pero que volveu ser recoñecido por ducias de persoas.

O BNG reuniu a decenas de persoas no cemiterio de San Amaro, na Coruña, para render homenaxe a Pedro Galán Calvete, o que foi secretario de Organización das Mocidades Galeguistas, compromiso que pagou coa súa vida en 1936, cando o golpe de Estado fascista decidiu asasinalo en represalia política. 

Carril lembrou no acto que "a liberación nacional combate o capitalismo"

Malia a súa condición de vítima dunha ditadura -e precisamente nunha zona da cidade na que existen varios símbolos de homenaxe a estas persoas- o goberno local da Coruña, que lidera Carlos Negreira do PP, intentou poñer trabas ao tributo e mesmo fixo acto de presenza para impedir que un grupo de moz@s confeccionaran un pequeno mural na súa honra nunha parede que non supoñía ningún problema. A poucos metros, unha rúa leva o nome de Pedro Galán.

Durante o acto, que si se celebrou, o voceiro local do Bloque na Coruña, Xosé Manuel Carril, lembrou que “a liberación nacional combate o capitalismo. Por iso os mercados estaban contra independencia de Escocia”.