O BNG reuniu a decenas de persoas no cemiterio de San Amaro, na Coruña, para render homenaxe a Pedro Galán Calvete, o que foi secretario de Organización das Mocidades Galeguistas, compromiso que pagou coa súa vida en 1936, cando o golpe de Estado fascista decidiu asasinalo en represalia política.
Carril lembrou no acto que "a liberación nacional combate o capitalismo"
Malia a súa condición de vítima dunha ditadura -e precisamente nunha zona da cidade na que existen varios símbolos de homenaxe a estas persoas- o goberno local da Coruña, que lidera Carlos Negreira do PP, intentou poñer trabas ao tributo e mesmo fixo acto de presenza para impedir que un grupo de moz@s confeccionaran un pequeno mural na súa honra nunha parede que non supoñía ningún problema. A poucos metros, unha rúa leva o nome de Pedro Galán.
Durante o acto, que si se celebrou, o voceiro local do Bloque na Coruña, Xosé Manuel Carril, lembrou que “a liberación nacional combate o capitalismo. Por iso os mercados estaban contra independencia de Escocia”.