Sermos322

A casa de Bernarda, un refuxio en Santalla

[Imaxe: Cedida]

Coñecemos máis un caso de mulleres que sufriron a dor da represión. A Bernarda deixárona sen Antonio, mais fronte ao medo, ela soubo manter abertas as portas do seu fogar aos fuxidos. Eis un extracto da peza escrita por María Xesús Escudeiro.

De nova, Bernarda Veiga García, natural de Canedo, coñece un mozo veciño de Santalla, pronto namoran e instálanse en Reguengo na casa natal del. Son anos de pobreza e de fame, que deixan unha Galiza deserta, os homes procuran unha vida mellor alén dos mares, Antonio embarca para a Habana e deixa atrás dúas crianzas, nai e muller. Durante sete anos Bernarda ocúpase en solitario da casa e da familia.

 

A crise de 1918 provocou o descontento nunha poboación, na que a fame e a pobreza imperaban. A presenza feminina foi unha constante nos motíns que tiñan lugar por todos os recunchos de Galiza, elas participaban nas protestas contra a suba dos impostos, a recadación de cereais para destinalos ao estraperlo ou para o envío a Portugal. Con seguranza Bernarda participaría nestes actos reivindicativos, reprimidos duramente polas forzas de orden pública.

 

Coa volta da emigración, a parella vive anos de ilusión e loita, conscientes da necesidade da participación do campesiñado nos procesos de cambio na Galiza rural. Partillan os dous os ideais republicanos.

 

Isaac, Manolo, Rosaluz e Paz medraron ao carón dos libros que o pai gardaba nunha maleta. El compaxina o labor de labrego e carpinteiro coa actividade política, participa no movemento agrario que daría lugar á fundación do Partido Agrario Radical Gallego, de grande implantación na zona, acadou a acta de concelleiro pola Fronte Popular nas eleccións de 1931 e exerceu como alcalde accidental da Pobra do Brollón substituíndo o alcalde titular en varias ocasións, por motivos de enfermidade.

 

[Podes ler a información íntegra no número 322 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]