Sermos322

A casa de Bernarda, un refuxio en Santalla

Coñecemos máis un caso de mulleres que sufriron a dor da represión. A Bernarda deixárona sen Antonio, mais fronte ao medo, ela soubo manter abertas as portas do seu fogar aos fuxidos. Eis un extracto da peza escrita por María Xesús Escudeiro.

IMG_20180528_170303_resized_20180528_103502468(1)
photo_camera [Imaxe: Cedida]

3De nova, Bernarda Veiga García, natural de Canedo, coñece un mozo veciño de Santalla, pronto namoran e instálanse en Reguengo na casa natal del. Son anos de pobreza e de fame, que deixan unha Galiza deserta, os homes procuran unha vida mellor alén dos mares, Antonio embarca para a Habana e deixa atrás dúas crianzas, nai e muller. Durante sete anos Bernarda ocúpase en solitario da casa e da familia.

A crise de 1918 provocou o descontento nunha poboación, na que a fame e a pobreza imperaban. A presenza feminina foi unha constante nos motíns que tiñan lugar por todos os recunchos de Galiza, elas participaban nas protestas contra a suba dos impostos, a recadación de cereais para destinalos ao estraperlo ou para o envío a Portugal. Con seguranza Bernarda participaría nestes actos reivindicativos, reprimidos duramente polas forzas de orden pública.

Coa volta da emigración, a parella vive anos de ilusión e loita, conscientes da necesidade da participación do campesiñado nos procesos de cambio na Galiza rural. Partillan os dous os ideais republicanos.

Isaac, Manolo, Rosaluz e Paz medraron ao carón dos libros que o pai gardaba nunha maleta. El compaxina o labor de labrego e carpinteiro coa actividade política, participa no movemento agrario que daría lugar á fundación do Partido Agrario Radical Gallego, de grande implantación na zona, acadou a acta de concelleiro pola Fronte Popular nas eleccións de 1931 e exerceu como alcalde accidental da Pobra do Brollón substituíndo o alcalde titular en varias ocasións, por motivos de enfermidade.

[Podes ler a información íntegra no número 322 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios