Mañón homenaxea Jesús Castaño Galdo, o alcalde da vila asasinado en 1936

Acto en memoria de Jesús Castaño Galdo.
O acto foi promovido por Nordés, asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladoira, a través dunha moción dirixida ao pleno municipal do Concello de Mañón que foi aprobada por unanimidade.

Este domingo 18 de agosto tivo lugar o primeiro acto das XIV Xornadas Memoria dun Tempo: a descuberta da placa en homenaxe ao que foi alcalde de Mañón desde o 16 de marzo de 1936 ata que foi deposto polos golpistas a mediados de xullo dese mesmo ano. Este acto foi promovido por Nordés, asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, unha vez que presentou unha moción dirixida ao pleno municipal do Concello de Mañón en maio do ano 2023 sendo aprobada por unanimidade.

Unha vez aprobada a moción, decidiuse incluir o acto como primeiro dos que terán lugar nos próximos días dentro da programación das XIV Xornadas Memoria dun Tempo, contando coa presenza das netas do alcalde represaliado Mª Jesús e Carme Armada, do alcalde do concello de Mañón e representando ao PP, Alfredo Dovale, en representación do PSOE o concelleiro Martín Rego,  pola parte de Nordés a súa presidenta Maribel Lorenzo, a participación de Emilio Grandío, Catedrático da USC, e de David Bellas, gaiteiro e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, que oi o encargado da parte musical do acto.  pola parte musical.

Asisitiron tamén o cronista oficial do Concello de Mañón, Hixinio Puentes, e igualmente representantes de Terras do Ortegal, da Sociedade de Instrución "A Devesana", da Asociación "Memoria da Mariña", do Teatro das Cortes de Cabanas (O Vicedo), e do Instituto de Lingua Galega e da Comisión pro-Memorial de Ferrol.

Jesús Castaño, asasinado o 16 de abril de 1937 no Castelo de San Felipe xunto con 5 dos seus veciños: Jesús Verdeal Maseda, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández, José Rivera Vieiros e Manuel Ventosinos Pereira.