Beiras dá por "rematado" o seu "periplo" parlamentar

Xosé Manuel Beiras [Imaxe En Marea]

Confirma através da rede social Twitter que non se candidatará ás primarias de En Marea.

Aínda que a nova foi dada por Luís Villares o sábado, o máis que probábel candidato de En Marea á presidencia da Xunta, Xosé Manuel Beiras vén de confirmar este domingo através da súa conta na rede social Twitter que non concorrerá ás primarias e que dá por "rematado" o seu "periplo" parlamentar. 

Villares asegurara nunha entrevista que contaba co aval de Beiras e que lle constaba que este non ía ser candidato aos comicios de setembro. Beiras veu confirmar hoxe esa información.