VÍDEO-COLUMNA

Carlos Callón avalía o anuncio da terceira candidatura de Feijóo á Xunta

Na súa vídeo-columna das segundas feiras, Carlos Callón analisa o "sacrificio" de Feijóo ao asumir un novo asalto á Xunta.

O previsíbel desenlace da reflexión de Alberto Núñez Feijóo sobre o seu inmediato futuro -verificada este sábado pasado ao anunciar que concorrería por terceira vez ás eleccións galegas- é o asunto sobre o que se debruza esta segunda feira Carlos Callón.

Na súa vídeo-columna, Callón, que aposta en que o presidente da Xunta avanzará as eleccións, realiza un somero repaso pola xestión de Feijóo durante os seus 7 anos de goberno: "Se fose o directivo dunha empresa despediríamolo".