O previsíbel desenlace da reflexión de Alberto Núñez Feijóo sobre o seu inmediato futuro -verificada este sábado pasado ao anunciar que concorrería por terceira vez ás eleccións galegas- é o asunto sobre o que se debruza esta segunda feira Carlos Callón.
Na súa vídeo-columna, Callón, que aposta en que o presidente da Xunta avanzará as eleccións, realiza un somero repaso pola xestión de Feijóo durante os seus 7 anos de goberno: "Se fose o directivo dunha empresa despediríamolo".