O PP solicita ao Goberno estatal a "transferencia inmediata de fondos" para Medio Ambiente

Marisol Díaz Mouteira, coordinadora da Comisión de Medio Ambiente do PP,  puxo o foco en "evitar novas discriminacións" que se gravarían co prazo de execución das obras neste ámbito.
Membros da Comisión de Medio Ambiente do PP (Foto: PP).
photo_camera Membros da Comisión de Medio Ambiente do PP (Foto: PP).

A coordinadora da Comisión de Medio Ambiente do Partido Popular, Marisol Díaz Mouteira, demandou esta sexta feira ao Executivo español de Pedro Sánchez a transferencia á Galiza "de maneira inmediata" dos fondos que o Goberno "debe" á Comunidade para "evitar novas discriminacións".

A través dun comunicado, a deputada puxo o foco, de maneira especial, nos fondos relativos aos proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica (Perte) de Dixitalización do ciclo da auga, dos que á Galiza correspóndenlle, segundo denuncia, "máis de dez millóns de euros", e cuxo prazo de execución conclúe "en xuño de 2026". 

Ademais, a coordinadora da Comisión asegurou que a contía asignada para á Galiza "é escasa" ou "directamente non chega".

Neste sentido, lembrou que "o crédito para as áreas de influencia socieconómica dos parques nacionais é de pouco máis de 100.000 euros e das axudas para previr e compensar os danos do lobo, o Goberno español non achegou nin un só euro en 2022 nin en 2023".

Por último, Díaz Mouteira, urxiu ao Executivo estatal para facer chegar ao Goberno galego os fondos destinados aos proxectos de dixitalización da xestión de residuos.

Comentarios