O Festaclown comeza esta segunda feira en Vilagarcía

A Fundación Tchyminigagua e a compañía 7Bubbles serán os encargadas de abrir o festival.

Unha actuación da edición de 2023 do Festaclown. (Foto: Rocío Cibes)
photo_camera Unha actuación da edición de 2023 do Festaclown. (Foto: Rocío Cibes)

Esta segunda feira, 19 de agosto, unha ruada dará comezo en Vilagarcía de Arousa (O Salnés) á IX edición do Festaclown. Neste Animaclown estarán a Fundación Tchyminigagua con Tchimizayaguas, e a compañía 7Bubbles con Menina. Compañías galegas e internacionais desfilarán polo Festaclown 2024, un evento con vontade de xerar espazos de diálogo intercultural e interxeracional, para  facer da risa unha ferramenta para a empatía e a transformación social. 

Nesta edición do Festaclown achegaranse a Vilagarcía compañías galegas, nacionais e internacionais de alta calidade, desde a vontade que sempre ten o Festaclown de xerar espazos de diálogo intercultural e interxeracional, nos que descubrir novas culturas e formas de vida e facer da risa unha ferramenta para a empatía e a transformación social.

O festival divide a súa programación en varios bloques temáticos, "Superroquiños" matutinos para a cativada, o Certame e a Mostra de tarde para público familiar. Ademais, dende os seus inicios o festival avoga pola cultura accesíbel a todos os públicos, tamén dende a creación. Por iso, dentro do seu apartado social podemos encontrar varios espectáculos nos que participan compañías profesionais con artistas con discapacidade. Nesta ocasión contaremos coa colaboración da Asociación Con Eles e Igualarte.

Entre outras, estarán presentes as compañías Circ Colokolo (Marrocos), Tchyminigagua (Colombia), Zirko Txosko, Orain Bi ou Ameba teatre. En total o público poderá asistir a catro estreas absolutas e seis estreas na Galiza. 

Máis en CULTURA
Comentarios