Cayo Lara acusa a Podemos de querer facer unha ‘OPA hostil’ sobre IU

Fotos:ManchaObrera

O líder de Izquierda Unida di que Pablo Iglesias ten os mesmos principios que Groucho Marx. Podemos cre que IU vive “cómoda” sendo un partido minoritario.

 

Após meses de lanzar, por activa e pasiva e sen resultado, mensaxes e chiscadelas a Podemos para sumar forzas, IU cansou. A marcha da que era candidata en Madrid, Tania Sánchez; as tensións internas da federación e as últimas invectivas de Pablo Iglesias (“Vívese moi cómodo sendo un partido bisagra do PSOE, sendo fiel aos teus principios e sabendo que vas ser minoritario") fixeron rebordar a paciencia de Cayo Lara. O líder de IU acusou a Podemos de lanzar unha “OPA hostil” sobre Izquierda Unida. “Queren os votos do PSOE e os cadros de IU”, dixo.

Nunha liña contraria á do candidato de IU ao Goberno español, Alberto Garzón, Lara cargou contra o novo partido. Acusou os líderes de Podemos de ter “só os principios de Grouxo Marx: estes son os meus principios, se non vos gostan, teño outros”.

Lara mesmo emprazou Monedero (un dos fundadores de Podemos) a “dar explicacións” polas súas pretensas irregularidades con Facenda e os depósitos que ten en contas bancarias. Cargos de IU xa afirmaran hai uns días que o seu euro-deputado Willy Meyer demitira “por menos”.