CIS de setembro: Baixada do PP e soben PSOE e BNG

Plano xeral do Congreso dos Deputados. (Foto: Europa Press)

O primeiro barómetro do CIS do curso político rexistra que Eh Bildu supera o PNV e ERC a Junts.

O barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) de setembro, o primeiro desde o inicio deste curso político, deixa un escenario no que, en base a esta sondaxe, o PP é o claro perdedor, pois obtería nunhas eleccións estatais 28,5% dos apoios. É unha caída a respecto do anterior barómetro (que lle daba 30,2% de apoios nas urnas) e unha baixada moi importante en comparación cos comicios estatais, cando logrou 33,1%.

Pola contra, o PSOE de Pedro Sánchez sobe. Tería de haber agora cita coas urnas a nivel estatal 33% dos votos, sacando 4,5 puntos ao PP. Nas eleccións estatais de 2023 a formación socialista obtivera 37% dos apoios, unha porcentaxe da que aínda se atopa lonxe, segundo o CIS.

O BNG ten 0,8% de apoios, o que supón un aumento de dúas décimas con respecto á sondaxe do CIS de xullo e 3 décimos en comparación cos comicios estatais.

Vox beneficiaríase da baixada do PP.  O partido de Santiago Abascal sobe de 12,2% de xullo a 13,1% de setembro, por riba de 12,4% das últimas eleccións xerai.

O CIS trae tamén boas novas para Sumar, que pasa de 6,6% de xullo a 7,8% de setembro. Iso si, segue moi lonxe do seu resultado en xullo de 2023, cando disputou a terceira praza con Vox ao obter 12,3% dos votos.

Podemos lograría 3,6% dos apoios nas urnas, baixando así a respecto de 4% do anterior CIS, de xullo pasado.

ERC obtería 1,4% dos votos, unha décima máis que Junts, e EH Bildu imporíase ao PNV con 1,1% fronte ao 0,9%.