O MGS fecha a súa II Asemblea Nacional na que afirma que chegou “para quedar”

Asemblea do MGS

O partido integrado no BNG defende o seu crecemento nos últimos anos e aposta na independencia e o socialismo nun acto que tivo lugar en Pontevedra e que contou co apoio de Sortu, CUP e na que tamén participou o voceiro nacionalista Xavier Vence. 

 

Coa aprobación das teses políticas e unha nova dirección rematou a II Asemblea Nacional do Movemento Galego ao Socialismo (MGS) organización que fai parte do BNG e que defendeu da man do seu líder Rafa Vilar que “está aquí para quedar”. 

'Construír e avanzar. Galiza independentes e futuro socialista' foi o lema da xornada, que tamén ratificou que Isca se confirma como formación xuvenil do propio MGS, que contou coa presenza de enviados de Izquierda Castellana, CUP e Sortu no acto de clausura. 

Tamén fixo parte do encerramento da xornada Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, que destacou o traballo do MGS dentro do Bloque e denunciou a “radicalización do neoliberalismo”.