Coa aprobación das teses políticas e unha nova dirección rematou a II Asemblea Nacional do Movemento Galego ao Socialismo (MGS) organización que fai parte do BNG e que defendeu da man do seu líder Rafa Vilar que “está aquí para quedar”.
'Construír e avanzar. Galiza independentes e futuro socialista' foi o lema da xornada, que tamén ratificou que Isca se confirma como formación xuvenil do propio MGS, que contou coa presenza de enviados de Izquierda Castellana, CUP e Sortu no acto de clausura.
Tamén fixo parte do encerramento da xornada Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, que destacou o traballo do MGS dentro do Bloque e denunciou a “radicalización do neoliberalismo”.