O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acompañou esta quinta feira, xunto con outros cargos socialistas, á ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, nunha visita a Betanzos (comarca das Mariñas) para comprobar o estado de diferentes iniciativas de rehabilitación que contan con financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
En declaracións tras a visita, Besteiro fixo un chamamento para que o presidente da Xunta deixara de "botar balóns fóra" en materia de vivenda pública e animoulle a "abandonar a crítica improdutiva".
Neste sentido, defendeu as transferencias de fondos que está a facer o Goberno español.
Por este motivo agarda da Xunta "maior dinamismo que o que tivo durante os últimos 15 anos, cando non foi capaz nin tan sequera de conseguir as cifras que acadou o Goberno de Pérez Touriño.
Por último, demandou da Xunta que se enfronte a cuestións como as zonas tensionadas e a regulación das vivendas turísticas de forma “coordinada” cos concellos.