O 25S nas redes

@obloque desvela quen tivo a idea de adiantar as eleccións galegas

Conta twitter do BNG.

O campo de batalla está agora máis nas redes do que nos mitins ou nos platós de televisión. Os community manager toman o mando. Para comezar o do Bloque desvela quen tivo a idea de adiantar as eleccións galegas. E non, non foi Urkullu.

Se nun grupo de Whatsapp reunimos Luís Bárcenas, Feijóo, Marcial Dorado, Alfonso Rueda e Baltar jr, daí pode saír calquer cousa, mesmo a chave de por que se decidiu pór as eleccións o 25S. Pasen e vexan:

 


 

O community manager do PP contra-ataca:

 


Claro que nas últimas horas o asunto estrela no twitter foi o parecido entre o logo de En Marea e o dunha marca de cervexa madrileña.

Como cabía agardar, houbo quen ergueu a voz para dicer que xa postos, mellor a cervexa galega:

 


 

Sobre este tema, un dos referentes do twitter galego, @Tawil, apostilaba o seguinte:

 


 

Mais tamén hai quen terciou para asegurar que de parecido, nada.

 


To be continued.