Pedro Sánchez case duplica en avais galegos a Eduardo Madina, que ten o apoio do pachismo

Reconto de avais no PSOE

Os candidatos á secretaría xeral do PSOE mantiveron en Galiza unhas porcentaxes de apoios moi semellantes aos do resto do Estado, agás na provincia de Ourense, onde Laura Seara ten grande peso no equipo de Madina.

O candidato a secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez logrou case 3.000 avais en Galiza fronte a uns 1.800 obtidos polo aspirante Eduardo Madina, mentres que José Antonio Pérez Tapias reuniu menos de 300 en terras galegas, onde se confirmou tamén a tendencia do Estado, onde Sánchez superou con claridade a Madina.

Segundo os datos facilitados por fontes socialistas, Pedro Sánchez sumou máis avais por provincias que Madina en Pontevedra, A Coruña e Lugo, mentres que en Ourense foi superado por este, provincia á que pertence a deputada Laura Seara, a súa compañeira de grupo parlamentario e unha das persoas máis destacadas da súa candidatura, ao punto de que se posibelmente sería a Secretaria de Organización de vencer Madina, cuxa vitoria en Ourense confirma a súa alianza co Pachismo, o grupo que segue ao ex-secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.

Sánchez sumou 2.963 avais, por 1.762 de Madina e só 289 de Pérez Tapias, a maioría na provincia da Coruña

En total Pedro Sánchez xuntou 2.963 avales en Galiza, deles 1.058 na provincia de Pontevedra; 973 na da Coruña; 594 na de Lugo; e 339 en Ourense. Mentres, Eduardo Madina obtivo 1.762 avais, distribuídos en 677 na Coruña (onde comezou a súa campaña); 479, en Ourense; 464, en Pontevedra; e 142, en Lugo.Pola súa banda, José Antonio Pérez Tapias, de Izquierda Socialista, reuniu 289 avais no paíos, deles 169 na Coruña, 48 en Ourense, 42 en Lugo e 30 en Pontevedra.