O candidato a secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez logrou case 3.000 avais en Galiza fronte a uns 1.800 obtidos polo aspirante Eduardo Madina, mentres que José Antonio Pérez Tapias reuniu menos de 300 en terras galegas, onde se confirmou tamén a tendencia do Estado, onde Sánchez superou con claridade a Madina.
Segundo os datos facilitados por fontes socialistas, Pedro Sánchez sumou máis avais por provincias que Madina en Pontevedra, A Coruña e Lugo, mentres que en Ourense foi superado por este, provincia á que pertence a deputada Laura Seara, a súa compañeira de grupo parlamentario e unha das persoas máis destacadas da súa candidatura, ao punto de que se posibelmente sería a Secretaria de Organización de vencer Madina, cuxa vitoria en Ourense confirma a súa alianza co Pachismo, o grupo que segue ao ex-secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.
Sánchez sumou 2.963 avais, por 1.762 de Madina e só 289 de Pérez Tapias, a maioría na provincia da Coruña
En total Pedro Sánchez xuntou 2.963 avales en Galiza, deles 1.058 na provincia de Pontevedra; 973 na da Coruña; 594 na de Lugo; e 339 en Ourense. Mentres, Eduardo Madina obtivo 1.762 avais, distribuídos en 677 na Coruña (onde comezou a súa campaña); 479, en Ourense; 464, en Pontevedra; e 142, en Lugo.Pola súa banda, José Antonio Pérez Tapias, de Izquierda Socialista, reuniu 289 avais no paíos, deles 169 na Coruña, 48 en Ourense, 42 en Lugo e 30 en Pontevedra.