MÁIS

A Fraga volve soar alto

As Pontes baila tras a celebración do Carme
Asistentes gozando do Festival da Fraga na Carballeira de Dona Rita. (Foto: Clúster de Turismo de Galicia)
photo_camera Asistentes gozando do Festival da Fraga na Carballeira de Dona Rita. (Foto: Clúster de Turismo de Galicia)

No municipio de  As Pontes de García Rodríguez (Eume) o Apóstolo coincide coas festas da Fraga. A celebración, feita desde 1904 nos días  24 e 25, supón unha prolongación dos festexos ponteses do Carme, que comezaron o día 11. Malia todo, as festas da Fraga  teñen elementos diferenciais como o feito de celebrarse na Carballeira de Dona Rita, dentro das Fragas do Eume (un dos bosques atlánticos mellor conservados de Galiza). Ademais, a súa programación xunta aspectos actuais como o espectáculo de música do día 24 con outros do máis tradicional como a romaría e a misa ao Apóstolo (na quinta feira).

Todo comeza ás 12 horas da mañá da cuarta feira co pasarrúas amenizado polo grupo tradicional Nó Cómbaro. A proposta máis potente chega as 21 horas, da man do festival da Fraga, que elevará espírito  das e dos ponteses na noite estival. Entre os artistas que tocan este 2024 están o dúo rock Monoulious DOP, o grupo La Regadera ou cantante Xurxo Fernandes así como a parella de música electrónica We Are Not Dj's.

Unha proposta que mantén a aposta polo son galego cun formato  moito máis actualizado "acorde aos novos festivais" como sinalou a concelleira de Cultura.  Mais, se o asunto é non perder as raíces, a edición da Fraga non decepciona pois a Romaría da Fraga ou Insua reaviva a celebración que se facía a principios do século XX na desaparecida illa do Eume e que comeza ás 12 horas na Capela do Carme cunha misa de Santiago Apóstolo. Após disto, vólvese a tingues festivos cunha sesión vermú  na tarde, con Louband e o DJ Alex Romero para rematar a redor das 17.30 horas, momento de baixar as revolucións da troula eumesa até a próxima edición.

Comentarios