O 20, ás 20 horas: concentracións en Galiza contra a violencia machista

Imaxe dunha concentración contra a violencia machita en Ourense. Gz Contrainfo

O Xulgado de violencia sobre a muller asume o caso do asasinato de Ana Mª Enjamio. A Policía mantén a búsqueda da parella de E.N, asasinada en Compostela.

Xulgado de instrución 5 de Vigo, que estaba de garda cando a moza de Boqueixón foi asasinada en Vigo, inhibiuse en favor da sala especializada en violencia machista. Será pois o Xulgado de Violencia sobre a Muller que asuma a investigación deste asasinato, polo que foi detido César A,O, de 38 anos de idade. Ana María Enjamio foi enterrada este domingo no cemiterio de Santa María de Grastar.

As forzas de seguridade manteñen a busca da parella de E.M.M, a segunda vítima mortal da violencia machista esta fin de semana en Galiza. Foi apuñalada a sexta feira no seu domicilio e faleceu o domingo, após loitar no Hospital de Santiago por sobrevivir.

Concentracións de rexeitamento

Desde diversos colectivos, como a Marcha Mundial das Mulleres ou a Plataforma Feminista Galega anúncianse concentracións de denuncia e rexeitamento a estes crimes machistas. Serán esta terza feira, 20 de decembro, ás 20:00 horas.

Vigo. No Marco

A Coruña. Obelisco

Compostela. Praza 8 de Marzo

Ferrol. Diante do Concello

Ourense. Na Castaleira

Lugo. Diante do Concello.

Pontevedra, Audiencia Provincial ás 20:00 horas e Praza da Peregrina ás 19:30