Mobilidade

Unha avaría nun tren entre Vigo e A Coruña obriga a desaloxar as pasaxeiras na estación de Vilagarcía

Decenas de persoas agardando na estación de Vilagarcía esta mañá. (Foto: Europa Press)
O revisor comunicoulles que unha avaría impedía continuar e que debían abandonar os vagóns para esperar a chegada doutro tren.

Unha incidencia técnica nun tren que cubría na mañá desta sexta feira o traxecto entre as cidades de Vigo e A Coruña obrigou a desaloxar as pasaxeiras e pasaxeiros na estación de Vilagarcía de Arousa.

O servizo circulaba xa cuns 20 minutos de demora. Chegou ás 10.30 horas estación vilagarciá pero, a pesar de que os pasaxeiros subiron ao tren, non retomou a marcha.

Segundo trasladaron a Europa Press diferentes persoas afectadas, o revisor comunicoulles que unha avaría impedía continuar e que debían abandonar os vagóns para esperar a chegada doutro tren.

Os viaxeiros serán recollidos por un novo servizo da liña entre Vigo e A Coruña, salvo os que tiñan como destino Catoira, Pontecesures e Padrón, que serán trasladados en taxi porque o novo tren non realiza esas paradas, segundo comunicou Renfe.