Despois do asasinato da Coruña
Centos de persoas saen ás rúas galegas contra a violencia machista
21 de xullo de 2018 (13:46 h.)
Centos de persoas, convocadas polo feminismo o galego, saíron onte ás rúas para amosar o seu frontal rexeitamento á violencia machista.
A pasada cuarta feira un home de 54 anos asasinou a súa parella, unha muller de 57, na rúa Estrela da Coruña. Entregouse á Policía Nacional e o xuíz do Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña vén de ditar prisión sen fianza.
O feminismo galego reaxiu chamando a manifestacións e concentracións nas prazas das principais cidades a pasada sexta feira ás oito do serán. Centos de persoas responderon tomando as rúas “contra as violencias machistas” e esixindo “nin unha menos”.