A pasada cuarta feira un home de 54 anos asasinou a súa parella, unha muller de 57, na rúa Estrela da Coruña. Entregouse á Policía Nacional e o xuíz do Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña vén de ditar prisión sen fianza.
O feminismo galego reaxiu chamando a manifestacións e concentracións nas prazas das principais cidades a pasada sexta feira ás oito do serán. Centos de persoas responderon tomando as rúas “contra as violencias machistas” e esixindo “nin unha menos”.