O 16 de xaneiro decorre a X edición da 'Marcha às cadeias', a iniciativa impulsada pola plataforma de familiares e amigos de presos independentistas 'Que Voltem para a casa!”. Tres auto-carros partirán de Galiza cara ás cadeas con presos independentistas para pedir a fin das políticas de dispersión que se lle aplican a este colectivo. Para recabar apoios e solidariedade, nestes días van decorrer en centros sociais de diferentes cidades e vilas galegas diversas actividades de apoio a esta iniciativa.
Esta sexta feira haberá actos no Faísca (Vigo), O Fresco (Ponteareas) e O Fuscalho (A Guarda). O sábado, 9 de xaneiro, é a quenda de Artábria (Ferrol), Xebra (Burela) e A Galleira (Ourense). O 14 deste mes será a Gentalha do Pichel (Compostela), o centro social que acollerá actividades. Haberá teatro, petiscos, música (Mini e Mero, Bitxobola, Cê Orquestra...), xogos...