Chegan as treboadas a Galiza, con choiva e pedrazo en diferentes comarcas

Pedrazo caído na zona de Melide (Foto: @RedmeteoP)

A Xunta da Galiza vén de activar, para as xornadas de segunda e terza feira, o nivel amarelo por episodios de calor en diferentes zonas da Galiza.

Advertíano as previsións meteorolóxicas e así foi: na tarde desta segunda as treboadas farían acto de presenza na Galiza. A sensación de moita calor e bochorno que se viviu estes días deu lugar a treboadas e pedrazo, que empezaron a notarse en comarcas como a de Allariz-Maceda e Ourense.

A Xunta da Galiza vén de activar, para as xornadas de segunda e terza feira, o nivel amarelo por episodios de calor en diferentes zonas da Galiza.

Así, durante a xornada desta segunda feira as zonas en alerta amarela pola vaga de calor serán: A zona da Coruña interior, que engloba os concellos de Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Tamén o suroeste da Coruña, concretamente os municipios de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

A zona centro de Lugo, que abrangue os concellos de Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba e Xermade.

A montaña de Lugo, afectando aos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Zona sur de Lugo, cos municipios de Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

A comarca de Valdeorras, cos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

E no interior de Pontevedra, englobando os concellos de Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.