A Xunta activa o nivel amarelo por alerta por calor, consulta aquí se afecta o teu concello

Unha muller cun abano en Pontevedra durante unhavaga de calor (Foto: Elena Fernández / Europa Press).

Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, non acudir ás praias nas zonas centrais do día, e empregar roupa cómoda, lixeira e folgada.

A Xunta da Galiza vén de activar, para as xornadas de segunda e terza feira, o nivel amarelo por episodios de calor en diferentes zonas da Galiza.

Así, durante a xornada desta segunda feira as zonas en alerta amarela pola vaga de calor serán: A zona da Coruña interior, que engloba os concellos de Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Tamén o suroeste da Coruña, concretamente os municipios de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

A zona centro de Lugo, que abrangue os concellos de Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba e Xermade.

A montaña de Lugo, afectando aos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Zona sur de Lugo, cos municipios de Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

A comarca de Valdeorras, cos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

E no interior de Pontevedra, englobando os concellos de Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Pola súa parte, na xornada da terza feira a alerta amarela manterase nas seguintes:

Na Coruña interior, concellos de Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Na zona sur de Lugo, municipios de Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada. E na comarca de Valdeorras, concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

A Galiza conta cun Plan de actuación sobre os efectos das altas temperaturas na saúde que se basea no estabelecemento dos niveis de alerta por episodio de calor en función da intensidade e a duración dos episodios, desagregados por zonas de aviso.

Segundo informa MeteoGalicia, dependente da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Galiza conta coa presenza dunha masa de aire moi cálida desde a xornada de onte -domingo-, e deixará hoxe valores moi elevados nas temperaturas, tanto mínimas como máximas.

De feito durante a pasada madrugada moitas comarcas viviron unha noite tropical, con mínimas que non descenderon por debaixo dos 20ºC. As máximas hoxe superarán os 35ºC en moitos puntos. A situación de calor acadará esta segunda feira o seu máximo, pero aínda mañá con valores elevados.

Xa na xornada da cuarta feira, coa entrada de néboas polo litoral atlántico e coa chegada dunha masa de aire máis fresca, as temperaturas, aínda que sigan sendo as propias do verán, comezarán a normalizarse sen chegar a superar limiares de risco para a saúde.

Recomendacións sanitarias

A Consellaría de Sanidade traslada á cidadanía unha serie de consellos que poderán ser moi útiles para estes días de calor.  É importante beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Ademais, deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou aquelas moi azucradas. Recoméndase comer verduras e froitas e evitar as comidas copiosas.

Respecto da vestimenta, recoméndase o uso de roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras,