O Colexio de Xeólogos nomea 21 destinos "secretos" para descubrir o verán, dous deles galegos. Cales son?

Parque natural da Serra do Xurés (Foto: Turismo da Galiza).
Estes son os dous destinos galegos escollidos polo Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) para "descubrir o verán" este 2023.

Dous destinos da Galiza foron seleccionados na 'lista de 21 destinos secretos para descubrir no verán' do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG).

O ICOG divulgou esta sexta feira unha lista elaborada polas súas delegacións territoriais para que se poida descubrir as "marabillas naturais" da xeografía estatal.

Nestes destinos, hai praias interiores, fervenzas, gargantas fluviais, humidais, volcáns, paisaxes e grutas. "A proposta é unha escusa para facer unha viaxe xeolóxica e diferente durante este verán", sinalou o Colexio.

A Fervenza do Xallas en Ézaro (concello de Dumbría) e a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês / Xurés (Baixa Limia) foron os destinos galegos destacados nesta lista.

Esta fervenza foi destacada por ser unha formación xeolóxica de perto de 64 millóns de anos, ademais de ter gañado o seu aspecto actual cun "violento movemento sísmico en 1217", segundo o ICOG.

A Reserva da Biosfera foi elixida por ser una "unha zona con abundante patrimonio natural", con rochas que forman "estruturas moi rechamantes" e polas augas termais do río Caldo, "unhas das máis quentes da Galiza", subliñou o Colexio.

Outros lugares do Estado

En Asturias, os sitios elixidos foron a praia de Gulpiyuri, en Llanes; e a praia do Silencio, en Cudillero, mentres que en Euskadi figuran Polje de Olatz (Gipuskoa); Calcita espática da Falla de Valnera (Bizkaia) e os Humidais de Salburua (Araba).

Na Rioxa, o IGOC lista a Dolina de Serradero, e o Sinclinal de Brieva, como destinos secretos para descubrir no verán.

Castela e León ten tres destinos listados: Arribes do Douro (Zamora e Salamanca); Museo da Falla de Juzbado (Salamanca) e o Lago de Seabra (Zamora), mentres que en Castela-A Mancha figuran as Torcas de Palancares (Cuenca) e o Parque Mineiro de Almadén (Ciudad Real).

En Estremadura, a praia do Cancho do Fresno, en Cañamero (Cáceres); e a praia Costa Doce, en Orellana la Vieja (Badaxoz), foron destacadas polo ICOG.

Os destinos aragoneses apuntados son as Grutas de Cristal de Molinos (Teruel); o Pitón volcánico de Anayet (Huesca) e o Galacho de Juslibol (Zaragoza)

En Navarra, o ICOG ha listaxe a Foz de Arbaiun e o Mallos de Codés como "destinos secretos para descubrir no verán".