![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
17/xul./23 - 11:43
Actualizado: 17/xul./23 - 11:43
69% de cidadáns do Estado español apostará por viaxar ao estranxeiro para gozar deste verán, mentres que 31% asegura que quedará no Estado onde aproveitará para coñecer tanto destinos costeiros como urbanos, segundo as estatísticas internas de Civitatis. De entre todos os territorios do Estado, Galiza é a 'favorita' este ano. En concreto, Vigo é o destino máis reservado polos españois na compañía de distribución en liña de visitas guiadas e excursións, seguida doutra cidade galega como é Santiago de Compostela.