O Concello da Coruña notifica a propietarios de pisos turísticos a necesidade de comunicación previa para a súa regulación

Sede do Concello da Coruña, na praza de María Pita. (Foto: Nós Diario)
Só admitiranse como VUT os edificios exclusivos ou as vivendas localizadas en planta baixa e primeira en Cidade Vella e Pescaría.

O Concello da Coruña iniciou esta terza feira a notificación aos propietarios e propietarias de inmóbeis cualificados como vivendas de uso turístico da necesidade de comunicación previa da actividade para a súa regulación.

Trátase das vivendas rexistradas pola Axencia de Turismo da Galiza no rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, de acordo co seu uso terciario de hospedaxe e non residencial.

"Para desenvolver a actividade, a propiedade do inmóbel deberá presentar o impreso de comunicación previa de actividades de uso turístico na vivenda, remitido polo Concello coa notificación", explica o consistorio.

Ademais engade que, de acordo con os usos turísticos admisibles no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), "non se permite implantar actividades de uso turístico nin terciarios sobre pisos ou locais destinados a vivendas de uso residencial".

Das rexistradas como uso terciario, son admisíbeis como vivendas de uso turístico as sitas na planta baixa e planta primeira nos edificios de vivendas nos que se permita o uso hostaleiro e hostaleiro en edificio exclusivo.

Por outra banda, de acordo con o Plan Especial de Protección da Cidade Vella e Pescaría, poderán admitirse edificios exclusivos xunto cos localizados en planta baixa e plantas altas vinculadas á planta baixa en zona PEPRI (Ensanche e Pescaría Norte), precisa.