Confirmado o terceiro caso de coronavirus na Galiza

Álvaro Cunqueiro

As probas confirmaron que o home de 43 anos de idade que permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo está infectado por coronavirus, da mesma forma que a súa esposa, cuxas analíticas xa confirmaran o positivo, co que os casos detectados na Galiza de COVID-19 elévanse a tres.

Este terceiro paciente permanece ingresado nunha habitación illada do hospital vigués, aínda que chegou a compartir habitación tres días con outras persoas enfermas. En concreto, acudira afectado de dor de costas ao centro vigués o pasado 28 de febreiro, pero naquel momento non lle foi detectada unha pneumonía, patoloxía que si se diagnosticou o día 1 de marzo, cando regresou de novo a Urxencias.

O primeiro caso detectado en Galiza ratificouse na cuarta feira, correspondente a un paciente de 49 anos que viaxou desde Madrid até A Coruña nun servizo de coche compartido e que está hospitalizado no Chuac en estado grave, pero estábel.

Investigado novo posíbel caso

Sanidade remitíu ao Centro Nacional de Microbioloxía para a súa confirmación as probas non concluíntes realizadas no Hospital Álvaro Cunqueiro ao fillo da muller que esta quinta feira deu positivo nas análises de infección por coronavirus.

Á espera desa confirmación e seguindo protocolos do Ministerio de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública xa iniciou o estudio de contactos no entorno más próximo e no seu centro educativo para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.