'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social
Publicamos as 175 persoas, a título individual e colectivo, que pulan polo lanzamento do novo xornal, que verá a luz en 2019 co nome O diario galego.
O pasado 24 de novembro Sermos Galiza S. A. fixo público, por medio dun comunicado, a vontade de pór en marcha para 2019 un xornal diario en papel. Manifestamos alí a vontade de levantar este proxecto sobre o marco da pluralidade e do diálogo entre Sermos Galiza S. A. e todas as asociacións e organizacións colectivas que confían nas capacidades dunha Galiza real, na certeza de que esta iniciativa ten que abranxer e ser participada por todas as persoas que conforman a nosa base leitora, a actual e a futura. É así como queremos construír este diario de intereses galegos, profesional e colaborativo, que ofreza información e análise con rigor e perspectiva propia ao servizo, sempre, do pobo galego.
A ese proceso de diálogo queremos agora pórlle nomes e apelidos, rostros. Da pluralidade de enfoques e apoios dos que xorde o proxecto dan conta 175 persoas que a título individual ou en representación dunha sociedade ou empresa, acreditan na necesidade e na posibilidade dun proxecto como este. Precisamente, o nome da cabeceira, O diario galego, é froito dos contactos con este grupo promotor.
O nome da cabeceira, 'O diario galego', é froito dos contactos con este grupo promotor de 175 persoas
O sábado 27 de xaneiro presentaremos publicamente as liñas básicas dun proxecto que se concretará no diario, sen que isto signifique a desaparición do semanario Sermos Galiza. Durante seis meses divulgaremos a iniciativa na seguranza de lograrmos os obxectivos previstos.
Xosé Abilleira Sanmartín, presidente da A. C. Maio Longo de Pontevedra
Carme Adán Villamarín, profesora de Filosofía
Marilar Aleixandre, escritora e profesora na USC
Fran Alonso, escritor
Henrique Alvarellos Casas, director de Alvarellos Editora
Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro
Laureano Xoaquín Araúxo Cardalda, tradutor e analista político
Celia Armas García, vicepresidenta da Fundación Vía Galego
Xosé Ballesteros Rei, director xeral de Kalandraka Editora
Nemesio Barxa, avogado e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor da USC
Tino Baz, músico e cantautor
Justo Beramendi, catedrático emérito da USC
Alberte Blanco Casal, ensinante e escritor
Alfonso Blanco Torrado, coordenador da A. C. Xermolos de Guitiriz
Manuel Bragado Rodríguez, director xeral de Edicións Xerais
María Xosé Bravo Sanjosé, presidenta de A. C. Alexandre Bóveda da Coruña
Quico Cadaval, actor e director de teatro
Xerome Calero Prado, actor e director de teatro
Carlos Callón, profesor e escritor
Marica Campo, escritora
Comba Campoi, investigadora e promotora cultural
Xaquín Campo Freire, sacerdote obreiro. Voluntario no cárcere. Escritor.
Paula Carballeira, actriz e narradora
Pablo Carracedo (Jasper), cantante
Lucía Carreira Pérez, presidenta da A. Cultural e Musical Solfa de Compostela
Paulo Carril, secretario xeral da CIG
Fina Casalderrey, mestra e escritora
María Casar, presidenta da A. C. Ergueitos de Sarria
Andrés Castro, crítico de cinema
Francisco Castro, director da Editorial Galaxia e escritor
Nicolasa Castro, profesora de Lingua e Literatura e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Paula Castro, xornalista
Ricardo Castro, secretario xeral da CUT
Elvira Cienfuegos, ensinante
Jorge Coira Nieto, guionista e director de cinema
Xoán Colazo, membro do Consello Administración de Sermos Galiza S. A.
Gonzalo Constenla Bergueiro, escritor, director da EOI de Santiago e profesor da UVIGO
José Alberte Corral Iglesias, escritor e presidente da A. C. O Facho da Coruña
María Luz Corral Uzal, bibliotecaria en Oleiros
Anxa Correa, Rinoceronte Editora
Antón Cortizas Amado, escritor
David Cortizo Conde, responsábel editorial de Urco Editora
Xoán Costa Casas, presidente-conselleiro delegado do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Ledicia Costas, escritora
Xosé Henrique Costas González, director de Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVIGO
Manuel Da Cal, agrarista e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Kiko Da Silva, director de Retranca Editora e da Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia
Henrique Dacosta, escritor e profesor
Marta Dacosta, escritora e profesora
Concha De la Fuente, produtora na Radio Galega
Xosé Díaz Díaz, economista
Lois Diéguez, escritor
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e presidente Fundación Alexandre Bóveda
Afonso Eiré, xornalista e presidente da Fundación A Nosa Terra
Rosa Enriquez, profesora e escritora
Xosé Ramón Ermida Meilán, investigador e memorialista
Mercedes Espiño Amil, dinamizadora cultural e profesora
Xosé Estévez, historiador e profesor na Universidade de Deusto
Soledad Felloza, actriz, contacontos e fotógrafa
Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e escritor
Eliseo Fernández, historiador
Dores Fernández Abel, profesora e presidenta da A. C. Francisco Lanza de Ribadeo
Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente da A. C. A Pomba do Arco de Foz
Xela Fernández Veloso, traballadora no SERGAS
Víctor Ferreira, traballador das artes gráficas
Manuel Ferreiro, investigador e profesor da UDC
Pura Ferreño Saia, enxeñeira agrónoma
Adela Figueroa Panisse, bióloga, escritora e presidenta da Fundación Eira da Xoana
Iria Figueroa Torres, estudante de xornalismo e activista estudantil
Xosé Ramón Freixeiro Mato, investigador, profesor da UDC e coordenador da Sección Departamental de Galego-Portugués
Manuel Gago Mariño, xornalista e profesor na USC
Guadi Galego, música e cantante
Elena Gallego Abad, escritora e representante do Colexio de Xornalistas en Pontevedra
Amelia Garcia Herbella, xornalista na Radio Galega
María Pilar García Negro, profesora da UDC, escritora e presidenta da Federación Galiza Cultura
María do Carme García Negro, profesora Ad Honorem da USC
Xoán Carlos Garrido Couceiro, escritor e profesor de Filosofía
Saleta Goi García, presidenta da Fundación Manuel María
Xosé Lois González
(O Carrabouxo), caricaturista e humorista gráfico
Manuel González Moreira, médico de Atención Primaria e membro de SOS Sanidade Pública Vigo
Anxa González Refoxo, profesora, guionista e vicepresidenta da AS-PG
Sara Horta, produtora de cinema
Bieito Iglesias, escritor e profesor
Andrea Jamardo Seijo, editora e responsábel de comunicación
Cipriano Jiménez Casas, psiquiatra
Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre
Fernando Lacaci, presidente de ANPAS de Compostela e vicepresidente de ANPAS Galegas
Leandro Lamas, pintor e ilustrador
Margarita Ledo Andión, escritora, investigadora e cineasta
Rubén Lois, profesor da USC e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
María López Alejos, activista sindical
Joám López Facal, economista
Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada na USC
Antón López Rivas (O Mago Antón), mago e ilusionista
Inma López Silva, escritora e crítica teatral
Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións
Antón Lopo, poeta e editor de Chan da Pólvora
Antón Losada, profesor titular da USC e escritor
Anxo Louzao, profesor e sindicalista
Marcos Maceira, historiador e presidente da Mesa pola Normalización Língüística
Bernardo Máiz Vázquez, historiador
Pilar Martínez, experta en comunicación
Cruz Martínez Vilas, presidenta da
A. C. O Castro de Vigo
Manuel Martínez Vilas, deseñador
Luís Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente Risco
Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao
Manuel Mera, sindicalista e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Alberte Mera García, secretario da Fundación Terra e Tempo
Francisco Miranda, membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Henrique Monteagudo, sociolingüista e profesor da USC
José Martinho Monteiro-Santalha, lingüísta e profesor da UVIGO
Xan Muras, fotógrafo e deseñador gráfico
Tareixa Navaza, xornalista
Pilar Neira Martínez, adestradora de fútbol
Camilo Nogueira, economista e historiador
O leo i arremecághona, cantautor
Antonio Oca Fernández, enxeñeiro técnico agrícola
Antía Otero, codirectora de Apiario e escritora
David Otero, profesor e escritor
María do Pilar Patiño Peña, presidenta da Asociación Lingüístico Cultural Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrol
Manuel Pazos, memorialista e presidente da A. C. Obradoiro da História de Ordes
Ugia Pedreira, cantante
Dionisio Pereira, historiador
Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes
Xosé Manuel Pereiro, xornalista
María Antonia Pérez, profesora da UDC e presidenta da A. C. O Galo de Compostela
Vitorino Pérez, teólogo e filósofo
Ana Pérez Davila, activista do movemento veciñal de Vigo
Xabier Pérez Igrexas, activista e secretario do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Francisco Xosé Pérez Porto, ceramista
Xoán Antón Pérez-Lema, avogado
Álvaro Pino, ciclista
María Xosé Porteiro, xornalista e escritora
Mercedes Queixas Zas, profesora e escritora
Carlos Quiroga, escritor, profesor da USC e vicepresidente da AGAL
Xabier Quiroga, escritor
Celia Recarey, tradutora en Irmás Cartoné
Mario Regueira, escritor e crítico literario
Elba Rei Martínez, presidenta da Fundación Uxío Novoneira
María Reimóndez, escritora e tradutora
Antón Reixa, escritor, músico, produtor e director de cine
Rubén Requeixo Ribeira, secretario da
A. C. Ourense
Afonso Ribas Fraga, director de Laiovento
Elia Rico, profesora e presidenta da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol
Eli Ríos, escritora
Manuel Rivas, escritor e xornalista
Manuel Roca Cendán, profesor de Economía e activista cultural
Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA
Branca Rodríguez Pazos, diplomada en Traballo Social e especialista en servizos sociais e benestar
Francisco Rodríguez Sánchez, historiador e crítico literario
Marga Romero (Marga do Val), escritora e membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Carme Romero Díaz, ceramista
Ángeles Saavedra Places, profesora da UDC
César Sáenz Castro, matemático, profesor da UAM
Francisco Sampedro, profesor e filósofo
Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da AELG
Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC
Xoán Manuel Sande Muñiz, traballador do SERGAS
Bieito Seara, asesor e consultor empresarial
Xesús Seixo Fernández, presidente da Fundación Moncho Reboiras
María Xosé Silvar (SES), cantautora
Xurxo Souto, músico, escritor e membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Alfredo Suárez Canal, profesor de Matemáticas
Xosé Manuel Suárez Estévez, secretario do I. E. A. “Mártires de Sobredo”
Alfonso Tellado, traballador de Bazán, técnico en PRL e presentador da TVG
Anxo Terán Comesaña, presidente da Asociación Correlingua
Suso de Toro, escritor e analista político
Andrés Torres Queiruga, filósofo e teólogo
Xaneco Tubío, luthier e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos
Uxía, cantante, produtora e crítica musical
Carlos Valdés, tradutor
Vítor Vaqueiro, químico, fotógrafo e historiador da fotografia
Iago Varela Martínez, coordinador en Mallando no Android
Carme Vidal, xornalista
Nel Vidal, departamento de Normalización Lingüística do Concello de Carballo
Marisa Vidal Collazo, profesora
Roberto Vilameá Ponte, xerente e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.
Dolores Vilavedra Fernández, crítica literaria e profesora da USC
Ignacio Vilar, director e guionista de cine
Iria Villar Rodal, enxeñeira técnica agrícola