A Eira da Xoana celebra o solsticio de verán

A Eira da Xoana en Agolada (Foto: Eira da Xoana).
A Fundación Eira da Xoana celebra nesta sexta feira o solsticio de verán na súa sede de Ramil, no concello de Agolada, na comarca do Deza

A xornada está marcada pola decisión da multinacional portuguesa Altri de pór en marcha unha celulosa no concello de Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

O solsticio de verán é o día mais longo do ano, que no hemisferio norte vén coincidindo entre o 20 e o 21 de xuño e no hemisferio sur entre o 21 e o 22 de decembro. Nesa xornada, o Sol alcanza a súa maior altitude.

As actividades arrancarán a partir das 12 horas e comezará cun primeiro encontro entre todas as persoas asistentes. A continuación os asistentes partillaran un xantar comunitario.

Altri

As actividades continuarán ás 16 horas cunha ruta polo zona escollida por Altri para emprazar a súa celulosa. Neste sentido, os participantes visitarán diversos espazos da comarca do Deza e da Ulloa.

Unha vez rematado percorrido, os actos volven a Eira da Xoana, onde perto das 18 horas prenderan unha fogueira alusiva ao proxecto da celulosa de Altri, coa que pretenden expresar o seu rexeitamento á factoría.

Cacharela

Os asistentes a esta festa de recibimento do solsticio de verán, partillaran unha cea con diversos produtos típicos da tempada e contarán con diversas actuacións musicais a partir das 18:30.

A musica correrá nesta sexta feira na Eira da Xoana a cargo de Bico da Balouta, e de Xosé Mosqueira.