A xornada está marcada pola decisión da multinacional portuguesa Altri de pór en marcha unha celulosa no concello de Palas de Rei, na comarca da Ulloa.
O solsticio de verán é o día mais longo do ano, que no hemisferio norte vén coincidindo entre o 20 e o 21 de xuño e no hemisferio sur entre o 21 e o 22 de decembro. Nesa xornada, o Sol alcanza a súa maior altitude.
As actividades arrancarán a partir das 12 horas e comezará cun primeiro encontro entre todas as persoas asistentes. A continuación os asistentes partillaran un xantar comunitario.
Altri
As actividades continuarán ás 16 horas cunha ruta polo zona escollida por Altri para emprazar a súa celulosa. Neste sentido, os participantes visitarán diversos espazos da comarca do Deza e da Ulloa.
Unha vez rematado percorrido, os actos volven a Eira da Xoana, onde perto das 18 horas prenderan unha fogueira alusiva ao proxecto da celulosa de Altri, coa que pretenden expresar o seu rexeitamento á factoría.
Cacharela
Os asistentes a esta festa de recibimento do solsticio de verán, partillaran unha cea con diversos produtos típicos da tempada e contarán con diversas actuacións musicais a partir das 18:30.
A musica correrá nesta sexta feira na Eira da Xoana a cargo de Bico da Balouta, e de Xosé Mosqueira.