Falece unha persoa despois de caer ao mar na zona do Náutico na Coruña

Fachada do Palexco, recinto próximo a onde tivo lugar a fatal caída. (Foto: Nós Diario)

Xa fora da auga, os servizos sanitarios trataron de reanimala, pero faleceu.

Os servizos de emerxencia rescataron hoxe a unha persoa que caera ao mar na zona entre Palexco e o Náutico, na Coruña.

Xa fora da auga, os servizos sanitarios trataron de reanimalo, pero faleceu.

Segundo trasladou o 112 Galiza, varias persoas puxéronse en contacto coa central de emerxencias sobre as 6 horas da mañá para alertar de que escoitaban desde o pantalán os berros dunha persona pedindo auxilio neste punto.

Os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida

Con esta información, os operadores do 112 puxeron en marcha o operativo de rescate no que participaron profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Policía Nacional e Policía Local.

Unha vez fóra da auga, a vítima recibiu asistencia médica por parte dos profesionais sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Segundo fontes consultadas, as forzas de seguridade tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.