O feminismo convoca a se concentrar contra o asasinato machista do Carballiño

Concentracións esta terza feira, 31 de xaneiro, en varias cidades e vilas após o asasinato machista do Carballiño.

Este domingo unha muller foi asasinada na súa vivenda do Carballiño no que é o primeiro feminicidio de 2017 en Galiza. A policía detivo a súa parella, un home de 59 anos de idade, como presunto autor do asasinato. Hai convocadas para esta terza feira concentracións de rexeitamento en varias cidades e vilas de Galiza.

“Xuntas remataremos co patriarcado criminal” e “Basta de violencia machista! O machismo mata!” son algúns dos lemas que figura na convocatoria nas redes destas mobilizacións.

Hora e lugar. Todas as concentracións son ás 20:00 horas

O Carballiño. Diante do Concello

Lugo. Diante do Concello.

O Ferrol. Diante do Concello.

Compostela. Praza 8 de marzo

Pontevedra. Praza da Peregrina

ACoruña. Obelisco

Ourense. Castañeira.

Vigo. Diante do Marco