O feminismo sairá á rúa contra a violencia machista

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración esta segunda feira perante o edificio do MARCO en Vigo (20.00 horas) após o último asasinato, acontecido en Marín. 

 

Na convocatoria demandan a "indignación de toda a sociedade" contra a violencia machista. Aliás, chaman á cidadanía a se mobilizar non só polo último asasinato --acontecido o pasado 26 de decembro en Marín-- senón contra violencia "padecida polas mulleres polo simple feito de o seren". 

Así convocan unha concentración esta segunda feira (30 de decembro) ás 20.00 horas perante o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo. 

Imaxe capa: Acción da Rede Feminista contra a violencia machista // Galiza ContraInfo