A Dirección Xeral de Saúde Pública actualizou este martes a listaxe de territorios que os viaxeiros deben notificar á Xunta á súa chegada a Galiza, que suman, dentro do Estado, Andalucía, Aragón, Castela e León e A Rioxa, á vez que se retira Asturies.
Con iso, as persoas que cheguen a Galiza están obrigadas a notificar se nos 14 días anteriores estiveron en Andalucía, Aragón, Castela e León, Cataluña, Madrid, Nafarroa, Euskadi ou A Rioxa, así como nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
No que respecta a Europa, os territorios redúcense a 38, coa incorporación de Liechtenstein e Xeorxia e a retirada de Albania, Dinamarca, Finlandia, Malta e Noruega. Así, a listaxe queda como segue: Acerbaixán, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Chipre, Croacia, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Illa de Man, Italia, Kosovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Polonia, República Checa, Romanía, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína e Xeorxia.
Tamén debe comunicar a súa chegada calquera visitante procedente do continente africano.
En América, os estados de notificación obrigatoria mantéñense en 23, coa saída de Antiga e Barbuda e Turcos e Caicos e a incorporación de Canadá e Colombia. Deste modo, o DOG establece que son de comunicación obrigatoria: Arxentina, Aruba, Bermudas, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Uruguai.
A listaxe de Asia redúcese a 27 estados, tras suprimir Israel, Kazaxistan e Kyrguistan: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Kuwait, Líbano, Maldivas, Omán, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Xordania. En Oceanía, deben comunicar a súa chegada a Galiza os procedentes de Wallis e Futuna.