A Galiza recibe outros 170 refuxiados da guerra de Malí mentres o primeiro grupo se instala no Monte do Gozo, Compostela

Un grupo de refuxiados no Monte do Gozo, esta cuarta feira (Foto: Europa p4ress)
Trátase de homes adultos que chegaron a Canarias en caiucos escapando da guerra de Mali, polo que teñen a condición de refuxiados e a maior parte iniciaron xa os trámites de petición de asilo.

Os primeiros 100 refuxiados de Mali, que chegaron a Santiago de Compostela a pasada noite da terza feira, viven as súas primeiras horas na Galiza habituándose á súa residencia temporal en Monte do Gozo, onde está previsto que este mércores cheguen outros 104 compatriotas á vez que Becerreá (Os Ancares) recibe o primeiro grupo de 69 malianos.

Eran pouco antes das 23:00 horas cando chegaban ao Monte do Gozo de Santiago os autobuses que transportaban desde Madrid a este primeiro grupo de migrantes.

Trátase de homes adultos que chegaron a Canarias en caiucos escapando da guerra de Mali, polo que teñen a condición de refuxiados e a maior parte iniciaron xa os trámites de petición de asilo.

Primeiras horas

Tras a súa primeira noite no albergue público de Monte do Gozo, esta mañá moitos dos refuxiados paseaban pola contorna, escoitaban música e parolabanentre eles antes da comida, que se lles proporciona nas mesmas instalacións, acompañados en todo momento por membros da ONG Rescate, que lles prestan asistencia.

Algúns deles aventurábanse tamén a camiñar até a cidade para coñecer a contorna.

Mentres este primeiro grupo de habitúa á súa residencia temporal, está previsto que este mesmo mércores chegue a Monte do Gozo un segundo grupo de refuxiados, composto por 104 persoas. Ao mesmo tempo, tamén se desprazarán desde Madrid outro grupo e 69 malianos que se situarán no municipio lucense de Becerreá.