Galiza, a piques de alcanzar a barreira do 75% da poboación vacinada

Campaña de vacinación no Ifevi. (Foto: Europa Press) #vacinación #coronavirus #sergas #ifevi #vigo
Ademais, máis de 80% recibiu polo menos unha dose da vacina.

Máis do 70% -en concreto, 73,54%- dos galegos susceptibles de recibir a vacina están xa inmunizados. En concreto, 1.805.131 persoas completaron o proceso. Ademais, 2.008.662 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19, o que representa 81,83% da poboación diana a vacinar.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade, tras finalizar a xornada de vacinación do sábado administráronse 3.648.674 doses das 3.682.485 recibidas até a data, 20.061 máis.

Deses datos dedúcese que a xornada de vacinación deste sábado centrouse en administrar segundas doses, con 19.831 persoas máis inmunizadas.

Por condición de vulnerabilidade, os datos actualizados por  Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.500 persoas de alto risco (+2) e 15.108 completaron a pauta (+7); mentres que 17.651 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (sen cambios) e 17.497 contan coa pauta completa (sen cambios). Ademais, 26.595 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+2) e 26.488 finalizaron o proceso (+2).

En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.803.334 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+484) e 1.602.993 teñen a pauta completa (+19.781).

Grupos de idade

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.398 persoas maiores de 85 anos (+1); 96.214 de 80 a 84 anos (+2); 134.528 de 75 a 79 anos (+6); 153.132 de 70 a 74 anos (+5); 162.693 de 65 a 69 anos (+18); 177.668 de 60 a 64 anos (+46); 183.285 de 55 a 59 anos (+32) e 196.784 de 50 a 54 anos (+37).

A elas súmanse 205.290 persoas de 45 a 49 anos e 194.851 de 40 a 44 anos (+81). Deste modo, até a data foron vacinados 400.141 cidadáns de 40 a 49 anos, 90,32% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.

Por iso, até o momento recibiron polo menos unha dose 1.635.843 persoas maiores de 40 anos na Galiza, que supoñen 95,10% das 1.720.101 susceptíbeis de vacinarse na Comunidade galega a partir desa idade.

Así mesmo, foron vacinadas 139.085 persoas de 35 a 39 anos (+319) e 105.417 de 30 a 34 anos, o que supón 244.502 cidadáns de entre 30 e 39 anos, 75,63% duns 323.300 deste grupo susceptíbeis de recibir a pauta nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 88.932 mozos e mozas de 25 a 29 anos (+48); 21.187 de 20 a 24 anos (+51), o que eleva a 110.119 os vacinados deses grupos de idade, 47,71% duns 230.800 a inmunizar. Aos que se engaden 17.998 de 15 a 19 anos (+8) e 200 de 10 a 14 anos.

Por iso, en total 2.008.662 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 na Galiza, que supoñen 81,83% da poboación diana.