Liberdade provisional para Manuel Charlín, o seu fillo e outros 7 detidos na operación 'Barrancabermeja'

O xuíz deixa en liberdade con cargos Manuel Charlín, o seu fillo Melchor e outros sete detidos na operación a raíz dos 2.500 quilogramos de cocaína que transportaba o ‘Titán terceiro’. O maxistrado tamén decretou outras sete liberdades con cargos entre os detidos nesa operación.

 

O histórico narcotraficante Manuel Charlín Gama e mailo seu fillo Melchor foron detidos esta semana pola Policía Nacional nunha operación que implicou o arresto dunha vintena persoas, tamén ligadas ao narcotráfico. As detencións, ligadas cunha descarga de cocaína, tiveron lugar en varios puntos da Ría de Arousa

 

En 2010, coincidindo coa sua saída da cárcere, Charlín e a súa familia víronse envoltos noutro proceso xudicial ao tentar recuperar os bens embargados pola Audiencia Nacional no contexto das diversas sentencias por descargas de drogas que destapou o transportista da organización, Manuel Baúlo, quen foi asasinado tempo despois.