Un motorista falece tras sufrir un accidente de tráfico na localidade de Vilanova de Arousa

Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
A pesar de que o home se atopaba consciente cando foi evacuado, terminou falecendo no hospital.

Un motorista resultou falecido na tarde desta quinta feira tras sufrir un accidente de tráfico na localidade de Vilanova de Arousa (O Salnés). Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu pouco despois das 14 horas, cando a motocicleta que conducía a vítima sufriu un accidente no lugar de Tremoedo.

Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061. A pesar de que o home se atopaba consciente cando foi evacuado, terminou falecendo no hospital.