Un motorista resultou falecido na tarde desta quinta feira tras sufrir un accidente de tráfico na localidade de Vilanova de Arousa (O Salnés). Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu pouco despois das 14 horas, cando a motocicleta que conducía a vítima sufriu un accidente no lugar de Tremoedo.
Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061. A pesar de que o home se atopaba consciente cando foi evacuado, terminou falecendo no hospital.