Que facer esta fin de semana?

Música, teatro, literatura... Unha Axenda ben completiña

xabierdiaz

Poesía e Música

Negreira

Auditorio Municipal

22.12.2017

19.00h

O VI Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro, que coincide co 10º aniversario do pasamento do poeta de Logrosa, contará coa actuación musical de Oîma.

 

V Aluméame

Val do Fragoso

Salón de Actos AA.VV. Val do Fragoso

22.12.2017

20.30h

V festival solidario para a recollida de alimentos, coa participación de Airiños do Mar de Teis, GBMT Val do Fragoso e Grupo de Baile Nautilius.

 

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

Narón

Pazo da Cultura

23.12.2017

A piques de sacar á luz o seu novo álbum, Xabier Díaz acompañado das Adufeiras de Salitre continúan a súa xira imparábel con The Tambourine Man.

 

A nena que quería navegar

O Carballiño

Auditorio Municipal

23.12.2017

11.30h

Redrum achéganos un espectáculo familiar que versa sobre o acoso escolar e a falta de autoestima a través de contos, adiviñanzas, xogos e cancións.

 

Ruxe Ruxe e Martelo ao vivo

Santiago de Compostela

Gentalha do Pichel

23.12.2017

21.00h

Un concerto case íntimo con Ruxe Ruxe, unha das bandas senlleiras do punk-rock galego, xunto con Martelo, un trío de rock galego de feitura nova.

 

Presentación do libro "Anatomía da lingua", de Antón Cortizas

San Sadurniño

Casa da Cultura

23.12.2017

20.30h

Ilustrado por Leandro Lamas, Anatomía da lingua. Lingua de amar, lingua de amor, de Antón Cortizas, é unha reivindicación da lingua galega a través de poemas que mostran a preocupación polo galego, mais que albergan a esperanza. Na presentación da obra publicada pola AS-PG o escritor tamén estará acompañado de Leandro Lamas, quen pintará un mural ao vivo durante o decorrer do acto.

 

XXI Gala benéfica síndrome de Down

Pontevedra

Pazo da Cultura

24.12.2017

20.30h

Organizada pola Asociación Down Pontevedra Xuntos, a XXI edición da Gala Benéfica Síndrome de Down contará coa actuación de diferentes artistas.

 

XIII Festival de Monicreques María José Jove

A Coruña

Diversos Espazos

26-29.12.2017

17.00h

A nova edición do Festival de Monicreques comeza con Baila Roque Baila, de Baobab Teatro e A Galiña Azul, de Tanxarina (día 26); seguen na cuarta feira (27) con Cincenta, de Danthea Teatro, Contacreques, de Eme2; na quinta (28) é a quenda de A Maleta de Don Otilio, de Viravolta Títeres e Os Golfiños e o Xigante, de Fantoches Baj; e poñen o feche na sexta (día 29) Rúa Aire, de O retrete de Dorian Grey e Los Tres Cerditos, de App Creacións.

 

Expo: O mar de Carballo

Carballo

Fórum

Até 31.01.2018

O mar de Carballo en catro estacións é unha exposición de fotografías de Santiago Garrido, resultado dos paseos diarios do autor pola costa do concello.