Récord absoluto de Sermos ao alcanzar en outubro unha audiencia de 140.600 usuarias únicas

A anterior marca correspondía ao mes de outubro de 2015, período en que Sermos alcanzara a marca de 83.281 usuarias e usuarios únicos.

Google Analytics certifica a tendencia claramente á alza da audiencia de Sermos Galiza, dixital que acadou a súa mellor marca histórica neste mes de outubro de 2017 ao rexistar un total de 140.600 usuarias e usuarios únicos (57.319 máis que o récord anterior, fixado tamén nun outubro, desta volta o de 2015).

 

Persoa usuaria única é o conceito que se utiliza na internet para medir as visitas. Reférese non a persoas físicas, senón á dirección IP desde a que se accede a unha web.

 

Neste outubro de 2017, Sermos rexistou un total de 291.135 visitas (192.886 no mesmo mes de 2015) e un total de 662.602 páxinas vistas (face 574.026 de 2015).

 

38,54 por cento das persoas que se debruzaron sobre o dixital fixérono por vez primeira, o que mostra o incremento sen pausas da Comunidade Sermos.

 

As 10 noticias con máis leituras neste mes foron:

 

Unha traballadora da CRTVG foi obrigada a omitir en directo unha noticia negativa para o PP. 22.260 leituras.

 

Manuel Rivas, sobre os lumes: "A Xunta é unha facción inútil, que lle apliquen xa o artigo 155" 15.363 leituras.

 

Desprazan 5 helicópteros aos Ancares cando o lume estaba extinguido para acompañar a visita da conselleira. 15.137 leituras.

 

Neonazis de Hogar Social Madrid anuncian que acoden a Galiza con “axuda humanitaria” polos incendios. 13.187 leituras.

 

O xefe de redacción da RG descualifica a marcha do domingo: "Saíron ás rúas coas súas pancartas e o seu odio". 12.426 leituras.

 

“Traballamos en Inditex e non chegamos a fin de mes”. Amplo seguimento da terceira xornada de greve en Bershka. 11.715 leituras.

 

O lume ameaza o casco urbano de Vigo. 10.610 leituras.

 

Arde Galiza: 80 incendios desde o sábado. 8.328 leituras.

 

Feijóo demite como presidente da Xunta. 7.585 leituras.