Rexistrado un terremoto con epicentro en Vilaboa

De magnitude 1,8.

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade de Vilaboa, comarca de Pontevedra, aínda que non se rexistraron danos.

O movemento sísmico tivo lugar ás 4:22 horas da madrugada desta sexta feira, e o epicentro sitúase a 21 quilómetros de profundidade, entre as zonas da Canicouva e Cacheiro.

No que vai de ano, a Galiza rexistrou varios terremotos de intensidade menor, aínda que algúns si foron percibidos pola poboación, como o movemento sísmico rexistrado o pasado 1 de xaneiro, con magnitude 3,5 e epicentro en Triacastela (comarca de Sarria), ou o rexistrado a mediados de marzo con magnitude 3,7 e epicentro en Sarria (comarca homónima).

A actividade sísmica non é algo estraño neste Concello. Adoita ser de tipo leve, con terremotos que nin sequera chegan a notar a veciñanza e que non ocasionan danos.

De cando en vez rexistra episodios máis salientábeis, como os cinco sismos en apenas 4 horas en 2020.