O Sermos188 sairá á rúa excepcionalmente esta cuarta feira

As ferias da chamada Semana Santa provocan que o semanario adiante un día a súa publicación.

A entrega 188 de Sermos Galiza estará nos pontos de venda habituais e na nosa loxa un día antes do habitual. Isto é, esta semana, e con carácter excepcional, o semanario sairá do prelo a cuarta e non a quinta feira.

Ao retorno do período feriado, o semanario voltará ao seu día habitual de encontro coa súa comunidade leitora, isto é, as quintas feiras.