UN NOVO SERMOS NA RÚA

#Sermos211: cascos históricos urbanos, as dúas caras na moeda

Rehabilitación urbana: un obxectivo común? É a pregunta coa que abrimos o “Tema de Primeira” do Sermos Galiza 211, que chegará esta quinta feira aos quiosques e ás casas do país e que estará dispoñíbel, xunto co Caderno de Verán, na loxa.

O #Sermos211 abre cunha reportaxe arredor dos cascos históricos das cidades e vilas, un traballo de Xosé Fandiño que dá conta das principais problemáticas que se presentan á hora de encetar as tarefas de rehabilitación urbana.

Na sección de “Opinión” publicamos os artigos de Sara Torreiro e Guillerme Vázquez e máis unha semana contamos co humor gráfico de Nacho Hortas e de Tokio. En “Social” afondamos no proxecto de vertedoiro de refugallos da construción que a empresa Reciclaje Ambiental Lesta S.L. pretende construír en Ordes.

A respeito da política, centramos o foco no debate de investidura de Rajoy e na última hora do BNG. Aliás, dedicámoslle “Internacional” ao retorno de Sarkozy á política gala e ao xuízo político que sufriu Dilma Rousseff.

A burbulla da economía especulativa ocupa as páxinas sobre economía, mentres que o “Fóra de Serie” abre cunha reportaxe sobre a pegada dos normandos na Galiza. Tamén publicamos unha nova entrega da columna sobre historia asinada por Uxío-Breogán Diéguez; a colaboración de Olaia Ledo sobre cinema; a crítica literaria de Mario Regueiro e a crítica de cinema de Andrés Castro; o relato finalista do concurso Construíndo Orgullo e a colaboración de Luís P. Castelo sobre as últimas novidades en relación ás redes sociais.

Completan o semanario a sección “De memoria”, dedicada desta vez ás “tres rosas vermellas do Candedo” e o selfie da actriz Isabel Risco. Aliás, o Sermos Galiza inclúe o derradeiro Caderno de Verán deste ano, que abre cunha reportaxe sobre unha das citas indispensábeis da temporada estival: a Feira Franca de Pontevedra.