28-X: Estas son as mobilizacións polo Día do Orgullo na Galiza

Manifestación en Compostela do Día do Orgullo en 2023 (Foto: Arxina)

A reivindicacións dos dereitos LGTBI+ centran as manifestacións

A Galiza sae a rúa esta sexta feira e o sábado da man das diversas mobilizacións polo Día Internacional do Orgullo LGBTI+ convocadas por diferentes entidades, colectivos e plataformas.

Para alén doutro tipo de actividades que ao longo desta semana se están a realizar polo país – de concertos a palestras, homenaxes, pasarrúas, exposicións ou obradoiros- as manifestacións serán dos actos principais da celebración do 28-X, en chave reivindicativa.

Hora e lugar:

Compostela: sexta feira, día 28, na prazaz 8 de marzo ás 20 horas

Lugo: sexta feira, día 28, na praza Horta do Seminario ás 20 horas

Ferrol: sexta feira, día 28, na praza de Amada García ás 20 horas

Ourense: sexta feira 28, praza Bispo Cesáreo ás 20 horas

A Coruña: sexta feira 28, praza de Ourense ás 19:30 horas

Vigo: Sábado 29, dende A Dobrada ás 20 horas

Pontevedra: sábado 29, Parque das Palmeiras ás 20 horas

Na Coruña a manifestación decorrerá baixo o lema “Educación, dereitos, paz: o orgullo que transforma”. Un lema que fai fincapé na necesidade dunha educación na diversidade.

Terá tamén unha especial importancia a denuncia da persistencia da violwencvia contra o colectivo LGBT+.A ONGD Agareso fixo públicos  en maio os resultados dun estudo realizado pola investigadora Estrella Ramil, a partir de respostas recollidas a 503 alumnos e alumnas, así como a 74 docentes, de 29 centros educativos galegos. O estudo conclúe que eses centros "non son espazos seguros" para o alumnado LGBT+.

n estudo elaborado pola Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual ALAS A Coruña en 2023 constataba unha "estabilización" do número de agresións directas ao colectivo LGTBi.En 2022 rexistráronse 68 incidentes de odio na Galiza, 17,07% menos que en 2021, dos cales 58 están considerados como agresións cara á este colectivo, cifra que "se mantén" respecto ao ano anterior.