Seis tripulantes dun barco atracado no porto de Celeiro dan positivo

Porto de Celeiro (Xunta)

Seis tripulantes do barco 'Notre Dame', atracado no porto de Celeiro (Viveiro) deron positivo na proba de COVID-19 que se lles realizou, segundo confirmaron a Europa Press fonte municipais.

En concreto, sinalaron que se trata dun barco de Cedeira (A Coruña), con 16 tripulantes, e cuxo patrón, igual que algún tripulante máis, é de Viveiro. O barco arribou a porto a pasada sexta feira despois de estar a faenar no Gran Sol, realizáronse probas para detectar a COVID-19.

O patrón ingresou no Hospital da Mariña, situado en Burela, e a súa evolución é nestes momentos "favorábel", precisaron as fontes consultadas.

No caso dos outro cinco tripulantes que deron positivo nas probas realizadas, determinouse, por parte das autoridades sanitarias, o illamento domiciliario para pasar a corentena decretada en casos deste tipo.